martes, 7 de octubre de 2008

As relacións humanas dentro da empresa

A verdade que podemos dicir que é inhumano o que lle está a pasar á rapaza en coma despedida nestes días. E que os intereses, ás veces, son tan distantes entre traballador e empresa!Son xustificábeis este tipo de actuacións? Non teñen valor as relacións humanas que se fraguan no seno dunha empresa? Onde está o límite?
Se non coñeces ben esta noticia, aquí tes o enlace e reflexiona despois!
Despedida una mujer en coma por impuntualidad

No módulo de RET, un dos puntos que analizamos son as relacións humanas que se xeran dentro dunha empresa, estas poden varíar moito dunha empresa a outra, de seren satisfactorias e cordiais até problemáticas e humillantes... Como actividade inicial e de reflexión, buscade na rede casos nos que claramente vemos a influencia que ten a empresa nas relacións humanas e viceversa...logo poderán ser unha aportación vosa para o blog de FOL-MAS!

No hay comentarios: