viernes, 31 de octubre de 2008

Novas profesións do século XXI


Unha actividade de clase consistía en sinalar aquelas profesións que desapareceron e as novas profesións. Aí vai o listado que aportou un alumno, Fernán e mais enlaces que falan de novas profesións:

-Bibliotecario informatizado
-Experto en reinserción no traballo
-Técnico de televisión de alta definición
-Eidomático (informático de imaxes para o cine-tv)
-Operador GVM (grabación videomagnética)
-Técnico de aparatos de diagnóstico informatizado
-Técnico i experto en centráis de enerxía e biomasa
-Xestor ecoloxista industrial
-Técnico de cartografía informatizada e digitalizada
-Técnico i experto en choiva artificial
-Divulgador agrobiolóxico
-Experto en informática aplicada á agricultura intensiva
-Técnico bioalimentario
-Xenetista zootécnico
-Experto en seguridade de bancos de datos
-Técnico experto en automatización de vivendas
-Enxeñeiros especializados en radiotécnia e microondas
-Bioinformático (experto en biochips)
-Enxeñeiro xenético biotécnico
Listado de profesiones para el siglo XXI

miércoles, 29 de octubre de 2008

A cultural empresarial

Andamos a analizar o significado da cultura empresarial, a identidade das empresas. Hai un claro exemplo dunha empresa galega que utiliza a cultura galega e mais os seus costume como imaxe e identidade da empresa. tendes aquí o anuncio, moi coñecido, por certo, que corrobora o dito:

A empresa ten novo anuncio, que segue a mesma liña, empregando o signo de identidade dos galegos para promocionar a súa imaxe e estratexia. Aquí está o enlace por se non o coñecedes e queredes velo:
Vivamos como galegos, o precursor

viernes, 17 de octubre de 2008

A muller decidida a buscar emprego!



A mirada cara o emprego dos útimos datos, comparados co trimestre e o ano anterior, amosan uns datos bastante peculiares respecto a entrada da muller no mercado laboral. Como xa é costume neste país, a taxa de actividade da muller sempre foi moito máis baixa cá do home. Os datos dos que dispoñemos revelan un aumento desta taxa referente á muller dun punto dende o ano anterior ata o trimestre pasado, e outro punto ata este trimestre.
No ano anterior a taxa de actividade (2007) na muller era dun 48.77%, no trimestre pasado (1ºT-2008) dun 49.73% e no 2º trimestre de 2008 dun 50.25%. Aparentemente parecen uns datos moi positivos respecto á igualdade laboral, mais a realidade é que o igual que aumentou dous puntos a actividade actual na muller o paro aumentou outros dous puntos, sendo as taxas de paro dun 10.48% no ano pasado, dun 11.99% no trimestre pasado e dun 12.88% no trimestre de xuño de 2008. A realidade é que a situación laboral segue igual que como estaba de cara a muller.
Un dato anecdótico é que a situación para o home tampouco é moi esperanzadora, pois pese a manter dunha maneira moi equitativa similar a súa taxa de actividade: 69.32% no ano pasado e trimestre anterior e 69.64% no trimestre xuño 2008, o paro subiu en tres puntos. No 2007, a taxa de paro era dun 6.10% e na actualidade dun 9.07%.
Novas non moi esperanzadoras para o futuro vindeiro!
Se queredes ampliar información ou contrastala, tendes o enlace do Instituto Nacional de Estadística.TRABALLO REALIZADO POR LOIS E FERNÁN RODRÍGUEZ CASTRO E MARÍA TERESA DÍAZ GONZÁLEZ-
1ºMAS

miércoles, 15 de octubre de 2008

Como es ti?


Queres coñecerte un pouco máis, queres sorprenderte e reflexionar sobre o teu eneatipo. Se pinchas no test, podes saber cal é o teu eneatipo dominante... Isto serviranos para facilitar o traballo en equipo e reforzar aqueles roles nos que mellor podes desenvolverte.
Test online de Eneagrama de la Personalidad

miércoles, 8 de octubre de 2008

O eco da repercusión social na empresa verduga

Soamente coa diferenza dun día coñecemos a través dos medios de comunicación o despedimento dunha traballadora en coma por faltas de asistencia ao traballo e ao días seguinte a empresa declara a súa readmisión. Dende logo que a máis dun lle subirían as cores ao oír semellante fazaña!!
Dende logo que foi a propia empresa quen máis se avergoñou e deu marcha atrás na súa decisión de despedir a unha traballadora de baixa por accidente en estado de coma.
Alegrámonos pola traballadora e porque a esperanza e a loita polo que un cre xusto ten que ir por diante e dexesamos unha pronta melloría dende este blog á traballadora.
READMITIDA A MULLER DESPEDIDA

martes, 7 de octubre de 2008

As relacións humanas dentro da empresa

A verdade que podemos dicir que é inhumano o que lle está a pasar á rapaza en coma despedida nestes días. E que os intereses, ás veces, son tan distantes entre traballador e empresa!Son xustificábeis este tipo de actuacións? Non teñen valor as relacións humanas que se fraguan no seno dunha empresa? Onde está o límite?
Se non coñeces ben esta noticia, aquí tes o enlace e reflexiona despois!
Despedida una mujer en coma por impuntualidad

No módulo de RET, un dos puntos que analizamos son as relacións humanas que se xeran dentro dunha empresa, estas poden varíar moito dunha empresa a outra, de seren satisfactorias e cordiais até problemáticas e humillantes... Como actividade inicial e de reflexión, buscade na rede casos nos que claramente vemos a influencia que ten a empresa nas relacións humanas e viceversa...logo poderán ser unha aportación vosa para o blog de FOL-MAS!