viernes, 17 de octubre de 2008

A muller decidida a buscar emprego!



A mirada cara o emprego dos útimos datos, comparados co trimestre e o ano anterior, amosan uns datos bastante peculiares respecto a entrada da muller no mercado laboral. Como xa é costume neste país, a taxa de actividade da muller sempre foi moito máis baixa cá do home. Os datos dos que dispoñemos revelan un aumento desta taxa referente á muller dun punto dende o ano anterior ata o trimestre pasado, e outro punto ata este trimestre.
No ano anterior a taxa de actividade (2007) na muller era dun 48.77%, no trimestre pasado (1ºT-2008) dun 49.73% e no 2º trimestre de 2008 dun 50.25%. Aparentemente parecen uns datos moi positivos respecto á igualdade laboral, mais a realidade é que o igual que aumentou dous puntos a actividade actual na muller o paro aumentou outros dous puntos, sendo as taxas de paro dun 10.48% no ano pasado, dun 11.99% no trimestre pasado e dun 12.88% no trimestre de xuño de 2008. A realidade é que a situación laboral segue igual que como estaba de cara a muller.
Un dato anecdótico é que a situación para o home tampouco é moi esperanzadora, pois pese a manter dunha maneira moi equitativa similar a súa taxa de actividade: 69.32% no ano pasado e trimestre anterior e 69.64% no trimestre xuño 2008, o paro subiu en tres puntos. No 2007, a taxa de paro era dun 6.10% e na actualidade dun 9.07%.
Novas non moi esperanzadoras para o futuro vindeiro!
Se queredes ampliar información ou contrastala, tendes o enlace do Instituto Nacional de Estadística.TRABALLO REALIZADO POR LOIS E FERNÁN RODRÍGUEZ CASTRO E MARÍA TERESA DÍAZ GONZÁLEZ-
1ºMAS

1 comentario:

Ana I. dijo...

Unha boa análise para este 1º traballo deste grupo de alumnos de 1ºMas.Sospeito que si teredes un futuro esperanzador, a formación especializada e o voso empeño abrirnvos portas de oportunidade!!