viernes, 13 de junio de 2008

Quen sae gañando nesta loita??? Hai moito que perder tamén...

A protesta dos transportistas

Oiamos falar moito de crise económica, mais agora todos a imos percibindo nos nosos petos. As rúas énchense de cidadáns que reclaman axudas e gritan as dificultades económicas que están a vivir. Estes días son os transportistas os que se botaron á rúa e xa levan varios días sen transporte, coas consecuencias que se derivan para a economía en xeral a inexistencia de transporte...
Estamos ante unha folga ou un peche patronal? Son admisíbeis as consecuencias que se derivan da folga 3e que sufrimos todos? Cal é o papel dun piquete? están a actuar dentro da legalidade? En que punto se aatopa a negociación? Quen ten máis poder de negociación?

miércoles, 11 de junio de 2008

Máis test de selección

Ante o interese de alumnos para realizar probas de selección coa chegada de fin de curso, supoño para buscardes traballo, póñovos máis enlaces para practicardes e mellorardes a vosa habilidade á hora de facelos.
Podes buscar na entrada de novembro do 2007 tes dúas ligazóns e se pinchas en OficinaEmpleo.com atoparás algo.

martes, 10 de junio de 2008

lunes, 2 de junio de 2008

Estamos a punto de rematar o curso, e para os alumnos que van obter a titulación, rematan un proceso e están a piques de comezar outro, a busca de emprego. Tendes que ter en conta a situación actual, non moi boa a nivel económico, así que máis aínda vos deberedes esforzar. Tendes nesa ligazón un artigo moi interesante, léedo e faremos algun esquema para que teñades claro os puntos esenciais hoxe en día.
De profesión, buscador de empleo