lunes, 29 de septiembre de 2008

A creatividade dos galegos


Crear tu propia Officeloop presentación para Myspace, Facebook, Orkut o tu página web! mostrar todas las páginas de esta presentación




Comeza un novo curso escolar xunto coa chegada do outono e co recrudamento da crise económica mundial. Ábrense vieiros de aprendizaxe para vós, alumnos de 1º de Mantemento de Equipamento Industrial, no que eu como profesora vos axudarei a interpretar sinais, analizar mapas conceptuais, preguntar dúbidas, reflexionar sobre as distintas alternativas que se vos presentan... é dicir, compartiremos o camiño de "aprender a aprender". Adiante, quédanos moito por andarmos!

Para comezarmos, propoño cavilar sobre a importancia que ten aguzar o inxenio, a creatividade, a busca de oportunidades, o esforzo,as relacións humanas... e máis aínda en época de crise!Cun chisco de humor e sen perdermos a retranca galega tendes aí unha presentación dun galego que foi a Roma abrir un negocio e como coa axuda do "marketing" e da súa agudeza soubo dar resposta ás dificultades xurdidas.