lunes, 18 de febrero de 2008

un exemplo de anuncio sobre a motivación

Aí tedes un anuncio que utilizou Repsol baseándose na teoría de Maslow. Buscade máis anuncios na rede que traballen sobre a motivación para compartirmos todos e tratarmos de analizalos. Tamén podedes ir na procura dalgún vídeo que trate este tema e poida ser interesante compartirmos. E convídovos a outra actividade, seríades capaces de aportar fotos referentes á motivación no traballo ou a desmotivación, tamén valería vídeos creados por vós mesmos. Eso si, antes de colgalos na redes debemos mostrarmos a mín e darvos permiso para subilos e se utilizades a persoas alleas que están nos seus postos ten que ser con consentimento. Ollo aquí, non vulneredes ningún dereito de imaxe... A ver que sae nesta proposta!!?? Espero o voso esforzo...

No hay comentarios: