sábado, 12 de enero de 2008

A IGUALDADE DE XÉNERO






AS MULLERES GALEGAS

AO 100%

NO MUNDO LABORAL


Sonia Cabado


Esta coruñesa de 31 anos de idade, é a primeira muller galega, e a novena española que consegue ser xefa de máquinas de petroleiros.
Formouse na Escola Técnica Superior de Náutica da Coruña, que nos 60 anos de existencia ningunha muller obtivera esta máxima titulación .
Realizou as prácticas en quimiqueiros e petroleiros polo mundo adiante, durante 25 meses, chegando a lugares tan lonxanos como Xeorxia. O primeiro embarque, tivo que facelo sendo a única muller entre máis de 20 homes, pero di que nunca tivo problemas por esta circunstancia.

Fonte de información: "http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/11/16/0003_6322888.htm" (P.Portabales /E.Silveira
Comentario de Javier Mondelo e Ovidio Abella:
“ Consideramos esta nova relevante, ainda que non sexa a máis importante, de cara a total igualdade da muller no mundo laboral; é fundamental que a muller acceda a tódolos campos de traballo; e formándose para adquirir a máxima titulación en licenciaturas tradicionalmente masculinas, parécenos unha boa forma de facelo, desta maneira determinados postos de traballo deixarán de ter xénero.”Ánimo as mulleres!

1 comentario:

Ana I. dijo...

Vós, que estades nun sector típico masculino, o de mantemento, está ben que recoñezades a importancia que ten esta noticia como un paso para acortar esta distancia que hai nos sectores nos que predomina un xénero sobre o outro. Estaría ben que animarades ás vosas compañeiras, coñecidas,... para que se integraran en sectores nos que predominas os homes nos postos de traballo... e animar aos homes a desenvolver postos ou funcións que durante moitos anos estiveron reservadas para as mulleres!! Como vos dixesteis, ánimo!os postos de traballo non teñen xénero.