Mostrando entradas con la etiqueta RET. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RET. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de febrero de 2009

A noticia do ano 2008


En pequenos grupos, a clase de 1ºMAS tiña que seleccionar a noticia que consideraba máis significativa para os traballadores durante o ano anterior e deseguido analizala e aportar un comentario persoal que xustificara dita elección. Cando chegou a hora da posta en común, gañou un único tema: O AUMENTO DO DESEMPREGO e a súa relación coa CRISE ECONÓMICA (só unha noticia que falaba da polémica da xornada europea). Deseguido mostro as ligazóns que utilizou cada grupo:
Carlos e Albano:
La industria experimenta su mayor desplome en seis años
David e Fernán: O PARO INFECTA ESPAÑA
Iván Díaz e MªTeresa:El paro sube en un millón de personas en 2008 y rebasa la barrera de los tres millones en ELPAIS.COM
Iván Pardo e Miguel: datos do parao do 2007.
Félix e Martín:General Motors planea despedir a 5525 trabajadores en Europa
José A. e Adrián:Oleada de despidos: Campofrío, Seat, Sharp... muchas compañías presentan EREs temporales por la huelgaOscar e Juan:Gobierno decide no ampliar la moratoria para trabajadores rumanos y búlgarosSilvia e Pamela: La jornada laboral de 48 horas semanales puede ser ya de 65 horas
Efrén: sobre a crise mundial

miércoles, 15 de octubre de 2008

Como es ti?


Queres coñecerte un pouco máis, queres sorprenderte e reflexionar sobre o teu eneatipo. Se pinchas no test, podes saber cal é o teu eneatipo dominante... Isto serviranos para facilitar o traballo en equipo e reforzar aqueles roles nos que mellor podes desenvolverte.
Test online de Eneagrama de la Personalidad

miércoles, 8 de octubre de 2008

O eco da repercusión social na empresa verduga

Soamente coa diferenza dun día coñecemos a través dos medios de comunicación o despedimento dunha traballadora en coma por faltas de asistencia ao traballo e ao días seguinte a empresa declara a súa readmisión. Dende logo que a máis dun lle subirían as cores ao oír semellante fazaña!!
Dende logo que foi a propia empresa quen máis se avergoñou e deu marcha atrás na súa decisión de despedir a unha traballadora de baixa por accidente en estado de coma.
Alegrámonos pola traballadora e porque a esperanza e a loita polo que un cre xusto ten que ir por diante e dexesamos unha pronta melloría dende este blog á traballadora.
READMITIDA A MULLER DESPEDIDA

martes, 7 de octubre de 2008

As relacións humanas dentro da empresa

A verdade que podemos dicir que é inhumano o que lle está a pasar á rapaza en coma despedida nestes días. E que os intereses, ás veces, son tan distantes entre traballador e empresa!Son xustificábeis este tipo de actuacións? Non teñen valor as relacións humanas que se fraguan no seno dunha empresa? Onde está o límite?
Se non coñeces ben esta noticia, aquí tes o enlace e reflexiona despois!
Despedida una mujer en coma por impuntualidad

No módulo de RET, un dos puntos que analizamos son as relacións humanas que se xeran dentro dunha empresa, estas poden varíar moito dunha empresa a outra, de seren satisfactorias e cordiais até problemáticas e humillantes... Como actividade inicial e de reflexión, buscade na rede casos nos que claramente vemos a influencia que ten a empresa nas relacións humanas e viceversa...logo poderán ser unha aportación vosa para o blog de FOL-MAS!

jueves, 22 de mayo de 2008

REFLEXIÓN VERBO DO LIDERADO
Estos días estivemos analizando cal sería o mellor estilo de dirección a aplicar na empresa. Lembraredes que uns defendiades un estilo democrático e os outros un autoritario, e basicamente o xustificabades coa responsabilidade e a visión que tiñades dos traballadores. Velaí tendes un vídeo interesante verbo dos estilos de dirección a exercer nun grupo de traballo, olládeo e tratade de responder á última cuestión que vén no vídeo: Inflúe a situación na que se move o líder para determinar como vai ser o seu comportamento?? como credes que hoxe en día ten que ser un líder para ter éxito? Contádenos aos blogueiros...

jueves, 10 de abril de 2008

Análise dos roles nun proceso de folga

Tedes un vídeo sobre unha das folgas que máis repercusión tivo nestos días no noso país. Imos facer unha análise da mesma, para iso faredes catro grupos e cada un asumirá os seguintes roles:
1º os traballadores folguistas e as súas reivindicacións.
2º A Administración pública e os cargos políticos con responsabilidades nisto.
3º A actuación dos distintos sindicatos
4º As persoas que sufriron os efectos da folga.
Cada grupo exporá o seu punto de vista, o papel que asumiu neste proceso tratando de axustarse á tipoloxía de roles, reflexionará sobre a cohesión de grupo e a importancia da mesma para conseguir os seus obxectivos. Ditas aportacións mostrarédelas no bloque e logo faremos un debate en clase.Toda a información que precisades atoparédela na rede.

viernes, 29 de febrero de 2008

BO TRABALLO

Os meus parabéns para os alumnos de 1ºMAS que traballaron a reo na actividade proposta: realizar un esquema cmap das distintas teorías da motivación co programa camp, que non coñecían e que tiñan que descargar eles sós. Un proceso de autoaprendizaxe e cooperación que rematou con éxito.

lunes, 18 de febrero de 2008

un exemplo de anuncio sobre a motivación

Aí tedes un anuncio que utilizou Repsol baseándose na teoría de Maslow. Buscade máis anuncios na rede que traballen sobre a motivación para compartirmos todos e tratarmos de analizalos. Tamén podedes ir na procura dalgún vídeo que trate este tema e poida ser interesante compartirmos. E convídovos a outra actividade, seríades capaces de aportar fotos referentes á motivación no traballo ou a desmotivación, tamén valería vídeos creados por vós mesmos. Eso si, antes de colgalos na redes debemos mostrarmos a mín e darvos permiso para subilos e se utilizades a persoas alleas que están nos seus postos ten que ser con consentimento. Ollo aquí, non vulneredes ningún dereito de imaxe... A ver que sae nesta proposta!!?? Espero o voso esforzo...

martes, 8 de enero de 2008

NA BUSCA DA NOVA LABORAL DO ANO

Por parellas, tedes que buscar e elexir aquela nova laboral que foi para vos máis relevante, sorprendente, impactante... no ano 2007. Deseguido, poñedes un breve título, elaborades un titular de prensa, explicades de forma resumida o contido da noticia e logo pasades a unha crítica, comentario ou reflexión persoal. Ao final da entrada, citaredes a fonte utilizada (poñedes o vínculo) e lembrade que o importante é a vosa participación, a vosa capacidade de crear mensaxes e expresar as vosas ideas.
Cando teñamos as novas podemos puntuar e seleccionar de entre todas a gañadora!!!!!!!

miércoles, 7 de noviembre de 2007

CRITERIOS DE AVALIACIÓN RET 1º MAS

Estos son os criterios de avaliación do módulo profesional de RET que se van aplicar no voso grupo. Leos atentamente e fíxate neles pois terás que superalos satisfactoriamente: