jueves, 5 de febrero de 2009

A noticia do ano 2008


En pequenos grupos, a clase de 1ºMAS tiña que seleccionar a noticia que consideraba máis significativa para os traballadores durante o ano anterior e deseguido analizala e aportar un comentario persoal que xustificara dita elección. Cando chegou a hora da posta en común, gañou un único tema: O AUMENTO DO DESEMPREGO e a súa relación coa CRISE ECONÓMICA (só unha noticia que falaba da polémica da xornada europea). Deseguido mostro as ligazóns que utilizou cada grupo:
Carlos e Albano:
La industria experimenta su mayor desplome en seis años
David e Fernán: O PARO INFECTA ESPAÑA
Iván Díaz e MªTeresa:El paro sube en un millón de personas en 2008 y rebasa la barrera de los tres millones en ELPAIS.COM
Iván Pardo e Miguel: datos do parao do 2007.
Félix e Martín:General Motors planea despedir a 5525 trabajadores en Europa
José A. e Adrián:Oleada de despidos: Campofrío, Seat, Sharp... muchas compañías presentan EREs temporales por la huelgaOscar e Juan:Gobierno decide no ampliar la moratoria para trabajadores rumanos y búlgarosSilvia e Pamela: La jornada laboral de 48 horas semanales puede ser ya de 65 horas
Efrén: sobre a crise mundial

miércoles, 28 de enero de 2009

Dereitos e Deberes dos traballadores



Un dos temas que tratamos en Laboral no módulo de FOL é o dos dereitos básicos dos traballadores que se convirten en obrigas para o empresario. Isto conleva que os traballadores segundo son titulares destes dereitos consecuentemente asumen unha serie de obrigas, aspecto que non debedes esquecer como futuros traballadores (reclamade dereitos se son vulnerados pero actuade con criterio e tamén cumpride as vosas obrigas).
Deseguido tendes un esquema elaborado por un dos alumnos, Fernán Rodríguez, no que se reflexa o dereito á seguridade e saúde no traballo e tamén inclúe con acerto de si!! a obriga que leva aparellado dito dereito. Unha aportación interesante para o resto dos compañeiros, convídovos a que o leades (se pinchades na imaxe aumenta de tamaño):