Mostrando entradas con la etiqueta F.O.L.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta F.O.L.. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de mayo de 2008

Agradecementos

O 2º premio na categoría de Blogs de Aula- F.P. do Premio Espiral Edublogs.08 foi concedido a este tan humilde bloguiño!! Abraiado está por este recoñecemento á súa laboura, mais recoñece que aínda ten moito camiño por andar, nado neste curso e que só leva uns meses iniciándose neste marabilloso mundo virtual dos blogues educativos e que ten moito que aprender e moito que ollar, abrir as fiestras e ficar lendo blogues doutros profesionais que comparten o interese polas novas tecnoloxías... Grazas ao xurado polo seu recoñecemento e máis aínda, grazas aos meus alumnos de 1º do CS de Mantemento de Equipo Industrial que colaboraron coas súas aportacións dando forma a este noso blogue, e que sen vós non tería sentido esta iniciativa!!!
O mellor de todo son os azos, as ganas, a ilusión... por seguirmos aprendendo, mellorando, medrando e experimentando neste mundo virtual!!
Los blogs ganadores del II Premio Espiral edublogs 08

viernes, 16 de noviembre de 2007

PERMISO PATERNIDADE

Non podemos deixar escapar esta noticia, unha situación que se podería repetir en calquera de vós, lédea e aportade a vosa opinión ante tales feitos.
sabedes canto dura o permiso de paternidade? creade un anuncio ou cartel informativo que colocaríades no taboleiro da vosa empresa.
Que tipo de despido é o que alega baixo rendimento, e ten dereito a algunha indemnización?
Que significa despido improcedente?
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Denuncia/despedido/coger/permiso/paternidad/elpepisoc/20071116elpepisoc_8/Tes