jueves, 15 de mayo de 2008

Agradecementos

O 2º premio na categoría de Blogs de Aula- F.P. do Premio Espiral Edublogs.08 foi concedido a este tan humilde bloguiño!! Abraiado está por este recoñecemento á súa laboura, mais recoñece que aínda ten moito camiño por andar, nado neste curso e que só leva uns meses iniciándose neste marabilloso mundo virtual dos blogues educativos e que ten moito que aprender e moito que ollar, abrir as fiestras e ficar lendo blogues doutros profesionais que comparten o interese polas novas tecnoloxías... Grazas ao xurado polo seu recoñecemento e máis aínda, grazas aos meus alumnos de 1º do CS de Mantemento de Equipo Industrial que colaboraron coas súas aportacións dando forma a este noso blogue, e que sen vós non tería sentido esta iniciativa!!!
O mellor de todo son os azos, as ganas, a ilusión... por seguirmos aprendendo, mellorando, medrando e experimentando neste mundo virtual!!
Los blogs ganadores del II Premio Espiral edublogs 08

3 comentarios:

Roser dijo...

Felicitacions de Barcelona, de l´aula dia a dia.

Aurora Jove dijo...

Parabéns polo merecidísimo premio dende "Think in English"

bibliofiz dijo...

Noraboa a este blog e á súa creadora, unha curranta que nos contaxia a ilusión e as ganas de traballar. Non cambies nunca.