jueves, 5 de febrero de 2009
A noticia do ano 2008
En pequenos grupos, a clase de 1ºMAS tiña que seleccionar a noticia que consideraba máis significativa para os traballadores durante o ano anterior e deseguido analizala e aportar un comentario persoal que xustificara dita elección. Cando chegou a hora da posta en común, gañou un único tema: O AUMENTO DO DESEMPREGO e a súa relación coa CRISE ECONÓMICA (só unha noticia que falaba da polémica da xornada europea). Deseguido mostro as ligazóns que utilizou cada grupo:
Carlos e Albano:
La industria experimenta su mayor desplome en seis años
David e Fernán: O PARO INFECTA ESPAÑA
Iván Díaz e MªTeresa:El paro sube en un millón de personas en 2008 y rebasa la barrera de los tres millones en ELPAIS.COM
Iván Pardo e Miguel: datos do parao do 2007.
Félix e Martín:General Motors planea despedir a 5525 trabajadores en Europa
José A. e Adrián:Oleada de despidos: Campofrío, Seat, Sharp... muchas compañías presentan EREs temporales por la huelgaOscar e Juan:Gobierno decide no ampliar la moratoria para trabajadores rumanos y búlgarosSilvia e Pamela: La jornada laboral de 48 horas semanales puede ser ya de 65 horas
Efrén: sobre a crise mundial
miércoles, 28 de enero de 2009
Dereitos e Deberes dos traballadores
Un dos temas que tratamos en Laboral no módulo de FOL é o dos dereitos básicos dos traballadores que se convirten en obrigas para o empresario. Isto conleva que os traballadores segundo son titulares destes dereitos consecuentemente asumen unha serie de obrigas, aspecto que non debedes esquecer como futuros traballadores (reclamade dereitos se son vulnerados pero actuade con criterio e tamén cumpride as vosas obrigas).
Deseguido tendes un esquema elaborado por un dos alumnos, Fernán Rodríguez, no que se reflexa o dereito á seguridade e saúde no traballo e tamén inclúe con acerto de si!! a obriga que leva aparellado dito dereito. Unha aportación interesante para o resto dos compañeiros, convídovos a que o leades (se pinchades na imaxe aumenta de tamaño):
viernes, 28 de noviembre de 2008
Probas de selección
Andamos co tema de Busca de emprego e toca poñerse ao día nas probas de selección máis utilizadas e coñecer os test que máis utilizan as empresas. Para comenzarmos, propoño que accedades á seguinte páxina para realizar algún test:
Psicoactiva
martes, 18 de noviembre de 2008
O teu itinerario profesional
Hai días que vimos como se pode elaborar un itinerario e as distintas opcións que podemos ter en contar á hora de fixar o de cadaquén. Tendes na páxina de Emancipación Joven unha ferramenta útil e interesante que vos pode axudar a realizar o voso itinerario e sobre todo, e relacionado co tema 3 de Busca de Emprego, a responder e reflexionar sobre como levades ou levariades a cabo o voso proceso de busca de emprego,dándovos unha serie de indicacións que vos poden ser de grande utilidade, soamente tendes que rexistrarvos para utilizar esta ferramenta. A ligazón é: Tu itinerario profesional
viernes, 31 de octubre de 2008
Novas profesións do século XXI
Unha actividade de clase consistía en sinalar aquelas profesións que desapareceron e as novas profesións. Aí vai o listado que aportou un alumno, Fernán e mais enlaces que falan de novas profesións:
-Bibliotecario informatizado
-Experto en reinserción no traballo
-Técnico de televisión de alta definición
-Eidomático (informático de imaxes para o cine-tv)
-Operador GVM (grabación videomagnética)
-Técnico de aparatos de diagnóstico informatizado
-Técnico i experto en centráis de enerxía e biomasa
-Xestor ecoloxista industrial
-Técnico de cartografía informatizada e digitalizada
-Técnico i experto en choiva artificial
-Divulgador agrobiolóxico
-Experto en informática aplicada á agricultura intensiva
-Técnico bioalimentario
-Xenetista zootécnico
-Experto en seguridade de bancos de datos
-Técnico experto en automatización de vivendas
-Enxeñeiros especializados en radiotécnia e microondas
-Bioinformático (experto en biochips)
-Enxeñeiro xenético biotécnico
Listado de profesiones para el siglo XXI
miércoles, 29 de octubre de 2008
A cultural empresarial
Andamos a analizar o significado da cultura empresarial, a identidade das empresas. Hai un claro exemplo dunha empresa galega que utiliza a cultura galega e mais os seus costume como imaxe e identidade da empresa. tendes aquí o anuncio, moi coñecido, por certo, que corrobora o dito:
A empresa ten novo anuncio, que segue a mesma liña, empregando o signo de identidade dos galegos para promocionar a súa imaxe e estratexia. Aquí está o enlace por se non o coñecedes e queredes velo:
Vivamos como galegos, o precursor
A empresa ten novo anuncio, que segue a mesma liña, empregando o signo de identidade dos galegos para promocionar a súa imaxe e estratexia. Aquí está o enlace por se non o coñecedes e queredes velo:
Vivamos como galegos, o precursor
viernes, 17 de octubre de 2008
A muller decidida a buscar emprego!
A mirada cara o emprego dos útimos datos, comparados co trimestre e o ano anterior, amosan uns datos bastante peculiares respecto a entrada da muller no mercado laboral. Como xa é costume neste país, a taxa de actividade da muller sempre foi moito máis baixa cá do home. Os datos dos que dispoñemos revelan un aumento desta taxa referente á muller dun punto dende o ano anterior ata o trimestre pasado, e outro punto ata este trimestre.
No ano anterior a taxa de actividade (2007) na muller era dun 48.77%, no trimestre pasado (1ºT-2008) dun 49.73% e no 2º trimestre de 2008 dun 50.25%. Aparentemente parecen uns datos moi positivos respecto á igualdade laboral, mais a realidade é que o igual que aumentou dous puntos a actividade actual na muller o paro aumentou outros dous puntos, sendo as taxas de paro dun 10.48% no ano pasado, dun 11.99% no trimestre pasado e dun 12.88% no trimestre de xuño de 2008. A realidade é que a situación laboral segue igual que como estaba de cara a muller.
Un dato anecdótico é que a situación para o home tampouco é moi esperanzadora, pois pese a manter dunha maneira moi equitativa similar a súa taxa de actividade: 69.32% no ano pasado e trimestre anterior e 69.64% no trimestre xuño 2008, o paro subiu en tres puntos. No 2007, a taxa de paro era dun 6.10% e na actualidade dun 9.07%.
Novas non moi esperanzadoras para o futuro vindeiro!
Se queredes ampliar información ou contrastala, tendes o enlace do Instituto Nacional de Estadística.TRABALLO REALIZADO POR LOIS E FERNÁN RODRÍGUEZ CASTRO E MARÍA TERESA DÍAZ GONZÁLEZ-
1ºMAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)