miércoles, 28 de enero de 2009

Dereitos e Deberes dos traballadores



Un dos temas que tratamos en Laboral no módulo de FOL é o dos dereitos básicos dos traballadores que se convirten en obrigas para o empresario. Isto conleva que os traballadores segundo son titulares destes dereitos consecuentemente asumen unha serie de obrigas, aspecto que non debedes esquecer como futuros traballadores (reclamade dereitos se son vulnerados pero actuade con criterio e tamén cumpride as vosas obrigas).
Deseguido tendes un esquema elaborado por un dos alumnos, Fernán Rodríguez, no que se reflexa o dereito á seguridade e saúde no traballo e tamén inclúe con acerto de si!! a obriga que leva aparellado dito dereito. Unha aportación interesante para o resto dos compañeiros, convídovos a que o leades (se pinchades na imaxe aumenta de tamaño):