viernes, 13 de junio de 2008

A protesta dos transportistas

Oiamos falar moito de crise económica, mais agora todos a imos percibindo nos nosos petos. As rúas énchense de cidadáns que reclaman axudas e gritan as dificultades económicas que están a vivir. Estes días son os transportistas os que se botaron á rúa e xa levan varios días sen transporte, coas consecuencias que se derivan para a economía en xeral a inexistencia de transporte...
Estamos ante unha folga ou un peche patronal? Son admisíbeis as consecuencias que se derivan da folga 3e que sufrimos todos? Cal é o papel dun piquete? están a actuar dentro da legalidade? En que punto se aatopa a negociación? Quen ten máis poder de negociación?

No hay comentarios: