jueves, 22 de mayo de 2008

O líder e o seu contorno

REFLEXIÓN VERBO DO LIDERADO
Estos días estivemos analizando cal sería o mellor estilo de dirección a aplicar na empresa. Lembraredes que uns defendiades un estilo democrático e os outros un autoritario, e basicamente o xustificabades coa responsabilidade e a visión que tiñades dos traballadores. Velaí tendes un vídeo interesante verbo dos estilos de dirección a exercer nun grupo de traballo, olládeo e tratade de responder á última cuestión que vén no vídeo: Inflúe a situación na que se move o líder para determinar como vai ser o seu comportamento?? como credes que hoxe en día ten que ser un líder para ter éxito? Contádenos aos blogueiros...

jueves, 15 de mayo de 2008

Agradecementos

O 2º premio na categoría de Blogs de Aula- F.P. do Premio Espiral Edublogs.08 foi concedido a este tan humilde bloguiño!! Abraiado está por este recoñecemento á súa laboura, mais recoñece que aínda ten moito camiño por andar, nado neste curso e que só leva uns meses iniciándose neste marabilloso mundo virtual dos blogues educativos e que ten moito que aprender e moito que ollar, abrir as fiestras e ficar lendo blogues doutros profesionais que comparten o interese polas novas tecnoloxías... Grazas ao xurado polo seu recoñecemento e máis aínda, grazas aos meus alumnos de 1º do CS de Mantemento de Equipo Industrial que colaboraron coas súas aportacións dando forma a este noso blogue, e que sen vós non tería sentido esta iniciativa!!!
O mellor de todo son os azos, as ganas, a ilusión... por seguirmos aprendendo, mellorando, medrando e experimentando neste mundo virtual!!
Los blogs ganadores del II Premio Espiral edublogs 08

martes, 13 de mayo de 2008

viernes, 9 de mayo de 2008

A IMPORTANCIA DOS LÍDERES NO MUNDO

Estos días estamos a reflexionar sobre a importancia do liderado na empresa, imos facer unha parada e pensar nos líderes que coñecedes, elexir un deles e facer una análise da súa aportación á historia. Tendes as indicacións nos exercicios que vos dei por escrito e despois disto, convídovos a que presentedes o voso traballo no blogue. Bo traballo e poreivos cousas interesantes sobre o liderado nos vindeiros días.